“4 PROXECTOS”. Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador Cidrás/Juan Cidrás, Mar Vicente.

“4 PROXECTOS”. Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador Cidrás/Juan Cidrás, Mar Vicente.

Nova de: Museo Marco

  • “Datas:  10 abril 2021 – 12 setembro 2021
  • Lugar:  Salas de exposicións da planta baixa
  • Horario:  martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
  • Produción:  MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoComisariado:  Miguel Fernández-Cid  Pilar Souto Soto
  • Datas:  10 abril 2021 – 12 setembro 2021Lugar:  Salas de exposicións da planta baixa Horario:  martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
  • Produción:  MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoComisariado:  Miguel Fernández-Cid  Pilar Souto Soto

PRESENTACIÓN


A peculiaridade dos seus espazos é un dos sinais de identidade do MARCO, en especial os da súa planta baixa, na que se percibe a súa formulación arquitectónica como panóptico: patios amplos con luz cenital, galerías de planta rectangular, e sala central cuberta con cúpula. Se os patios suxiren intervencións con carga escenográfica, as galerías permiten un planeamento máis tradicional; e o espazo central, o ollo do panóptico, posúe unha innegable carga poética, que fai que se perciba como unha sala autónoma.

Partindo desa singularidade, en 4 PROXECTOS pedimos a catro artistas que dialogasen con eses espazos, respectándoos, facéndoos maleables, potenciando as súas calidades, transformándoos. Todos mostran obra recente, a maioría producida para esta ocasión. Ningún coñeceu ata os días de montaxe a intención dos seus compañeiros.

Como comisarios, os eliximos pola innegable calidade da súa obra, por atoparse nun momento de especial intensidade, e porque todos demostraron a súa habilidade á hora de intervir espazos e facerse con eles. Tras debater inicialmente as liñas xerais de cada proxecto, que encaixaron dun modo natural nos espazos dispoñibles, comisarios e institución convertéronse en mediadores para que as ideas dos artistas se plasmasen como imaxinaron.

Os artistas reunidos son galegos, naceron entre 1965 e 1979, déronse a coñecer moi novos e viaxaron e vivido en distintos países. Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) en A maxia do colibrí. Seis casos desesperados, mostra unha instalación na que a palabra, o relato, adquire un protagonismo esencial. Mestura tradición, un modo de narrar poético, austero, e un fondo confesional. En As formas partilladasSalvador Cidrás (Vigo, 1968) e Juan Cidrás (Moaña, Pontevedra, 1965) traballan con materiais como a cerámica e o téxtil, aos que semellan dar a volta, buscando as sorpresas dun proceso de produción que os leva a resultados dunhas densas calidades plásticas. Cerámicas orgánicas, pinturas que valoran as texturas, a multiplicidade de focos, murais que se expanden.

Rosendo Cid (Ourense, 1974), en Todo aquilo que sucede e con todo non é, recorre aos materiais que habitan o seu estudio para formular unha serie de esculturas que funcionan co sentido e intensidade dos poemas breves, mentres noutras obras explora os xogos de sentido, a palabra e as preguntas referidas á memoria e á arte. En Sombras e corMar Vicente (O Valadouro, Lugo, 1979) transforma os espazos a partir da luz, cor, medida, razón e ilusión óptica, conseguindo que o espectador estableza o sentido da súa experiencia. E todo con elementos mínimos, nada retóricos. Como o golpe de dados de Mallarmé: misterio e rigor, intensidade e emoción.

Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto, comisarios

Documentación

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO preparou un dossier documental, que reúne ligazóns a artigos e información complementaria sobre os artistas participantes, accesibles para consulta dende a web do MARCO www.marcovigo.com nos apartados Biblioteca/Novas e Exposicións/Actuais.

Programación para escolares

Para grupos de educación Infantil, Secundaria, Bacharelato, e outros centros de formación.

Colabora: Obra Social “la Caixa”
A partir do 27 de abril de 2021
Lugar: salas de exposición
Horario: de martes a venres de 11.00 a 13.30 / Previa cita nos tel. 986 113900 Ext. 100/ 986 113908

Obradoiros e outras actividades

Ademais das visitas e obradoiros para escolares, a área de Didáctica do MARCO organizará actividades relacionadas coa exposición dirixidas a grupos específicos.

Información e visitas guiadas

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00
Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita nos tel. 986 113900 / 986 113904

Rutas interactivas a través da App Vigo

Ademais das visitas guiadas, o novo sistema de rutas interactivas a través da App Vigo permite aos visitantes acceder a todo tipo de contido sobre a exposición (vídeos, imaxes, información específica sobre as obras), sexa no propio espazo mediante os beacons ou dispositivos bluetooth situados en salas, ou en calquera outro lugar, seguindo a ruta dende a pantalla do móbil unha vez descargada a aplicación, ou dende o seu equipo a través da web do Concello de Vigo.

Catálogo da exposición

Con ocasión desta mostra, a Fundación MARCO publicará un catálogo con textos, análises e imaxes das obras en exposición.

Descargar

Descargar miniaturas e pés de fotos